» banda deseñada »  publicación
El evangelio de Judas
2007 | Álbum

 

Compilatorio de relatos breves con máis de cen páxinas anteriormente inéditas. Esta obra está protagonizada por un esquío debuxante e moi católico que vai coñecendo personaxes como Xesús Cristo, Xeremías, Barrabás ou o sapo Christian. Con estrutura e estética que beben da fábula, descrébese a vida de Xudas nun universo de animais antropomórficos paralelo ao da anterior obra do autor, "Psiconautas". Colección Sillón orejero da editorial Astiberri. Esta obra levou o premio do público ao mellor debuxo de 2007 no Salón Internacional do Cómic de Barcelona (2008) e foi publicada en francés.

FICHA TÉCNICA

Bilbao, 2007
Textos en castelán
Edición rematada
Periodicidade única
Depósito legal: BI-2751-07
ISBN: 978-84-96815-35-3
ISSN: carece
Categoría: Álbum
Formato: con lombo cosido a fío, cartoné, cadricromía, estampado en ouro e lombo redondo, 24 x 17 cm, 144 páxinas, interior en branco e negro, capas a cor
PVP: 18 euros
Tiraxe: exemplares
Distribución: todo o Estado
Entidade: ,

autores

albertovazquez2.jpg
Vázquez, Alberto
Debuxante
Guionista




  Noticias relacionadas

Recompilamos a produción galega de BD de 2007
Publicado o 12 / 2 / 2008
A colleita de 2007

Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org