Unha intensa novela gráfica que combina as pistas e o suspense dun relato policíaco, retando o lector a desvelar un misterio, ao tempo que propón unha ollada crítica sobre tres formas de relación humana: a sociedade, a familia, e a amizade. Tampouco fican fóra os elementos poéticos, non literais e metafóricos. No prólogo Jason Lutes, o autor de Berlín, afirma que nesta obra ``A linguaxe da metáfora é liberada dos seus fríos grilletes e permíteselle de novo respirar. Lémbrame as miñas obras favoritas de Italo Calvino, Haruki Murakami e Philip Pullman.´´
Madrid, 2006
Textos en castelán
Edición rematada
Periodicidade única
Depósito legal:
ISBN: 84-934919-3-4
ISSN: carece
Categoría: Álbum
Formato: rústica con lombo colado, 17 x 24 cm, 64 páxinas, interior en branco e negro, capas a cor
PVP: 10 euros
Tiraxe: 1500 exemplares
Distribución: toda España
Entidade:
,