Minicómic pretende concienciar os máis pequenos, aos que vai dirixido, sobre a igualdade á hora de elixir unha profesión ou practicar un xogo. Desta forma, realízase un percorrido por un día escolar no que os alumnos van mostrando coas súas actividades e respostas á profesora que a desigualdade non existe por motivos de sexo.
Este material didáctico, unha produción de Filtrocomunicación, úsase nos talleres impartidos nos colexios e institutos públicos que impulsa a Concellaría de Igualdade da Coruña.
FICHA TÉCNICA
Galicia, 2009
Textos en Galego
Edición rematada
Periodicidade única
Depósito legal: C 4419-2008
ISBN:
ISSN:
Categoría: Revista ou comic-book
Formato: grampada, 21 x 14,85 cm, 8 páxinas, interior a cor, capas a cor
PVP: 0 euros
Tiraxe: 10000 exemplares
Distribución: Nos obradoiros
Entidade:
Concello da Coruña,
autores