» banda deseñada »  publicación
Chámalle X
1992 | Fanzine

 

Fanzine vigués (1992-1999) cofundado polos debuxantes Jorge Coello, José A. Alonso, Marcos Barros e Roberto Argüelles e mais polos guionistas Juan C. López e Ángel F. Otero. Entre outros colaboradores posteriores contáronse Hugo Covelo, Sergio Covelo, Israel Viñas, Roi Rodríguez, Juan Carlos Enseñat e Garth. Chegou a ter seis números e a convertirse nun fanzine de referencia na cidade. Tivo unha segunda época coordinada por Nacho Lavandeira con colaboracións de Daniel Montero, Carlos Llauger e José Alonso entre outros, achégandose tematicamente á banda deseñada americana de superheroes e de fantasía. Deixou de publicarse a finais dos noventa.

FICHA TÉCNICA

Vigo (Pontevedra, Galicia), 1992
Textos en castelán, galego
Edición rematada
Periodicidade aperiódica
Depósito legal:
ISBN:
ISSN:
Categoría: Fanzine
Formato: fotocopiado, grampado, 29.7 x 21 cm,  páxinas, interior en branco e negro, capas en branco e negro
PVP: 2.5 euros
Tiraxe: 100-150 exemplares
Distribución: Vigo
Entidade: ,

autores

covelow2.jpg
Covelo, Hugo
Debuxante


sergiocovelo2.jpg
Covelo, Sergio
Debuxante


retrato_danidocampo.jpg
Docampo, Dani
Debuxante


carlosllauger.jpg
Llauger, Carlos
Debuxante


danimontero.jpg
Montero, Daniel
Debuxante




Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org