Funcomic, asociación cultural fundada en 1998 que reunía afeccionados á BD, chegou a contar no seu máximo apoxeo con cincuenta socios de toda Galicia, maioritariamente da Coruña e arredores. Para mantelos informados, a asociación publicou até un total de sete boletíns mensuais, entre outubro de 1998 e maio de 1999. Estes fanzines fotocopiados en Din A5 de extensión variable contiñan artigos, recensións de novidades no mercado español e americano, información sobre proxectos da asociación, noticias breves, recomendacións, así como sorteos de lotes de cómics -en colaboración cunha tenda especializada local- e de orixinais.
FICHA TÉCNICA
A Coruña (Galicia), 1998
Textos en castelán, galego
Edición rematada
Periodicidade mensual
Depósito legal: Carece
ISBN: Carece
ISSN: Carece
Categoría: Catálogos e manuais
Formato: fotocopiado, grampado, 21 x 14.85 cm, 4-16 páxinas, interior en branco e negro, capas en branco e negro
PVP: 0 euros
Tiraxe: 20-50 exemplares
Distribución: Galicia
Entidade:
,