» banda deseñada »  publicación
A retirada de Sir John Moore
2002 | Álbum

 

Baixo o sobretítulo "Unha aventura de Teixugo" preséntase a primeira entrega da serie "Galicia nas Guerras Napoleónicas". Teixugo é un arrieiro galego que no Bierzo tropeza co exército inglés baténdose en retirada para A Coruña, coa cabalería francesa pisándolle os talóns. Ubícase ao lector no escenario histórico da ocupación francesa mediante uns textos de presentación e despois aborda con humor os feitos históricos que desembocaron na batalla de Elviña. Esta BD comezouse a publicar por entregas na primeira época da revista Golfiño e despois compilouse no formato clásico do cómic francobelga, ao estilo dos álbumes de Astérix ou Tintín.

FICHA TÉCNICA

Galicia, 2002
Textos en galego
Edición rematada
Periodicidade aperiódica
Depósito legal:
ISBN: 84-8302-772-0
ISSN:
Categoría: Álbum
Formato: cartoné, 29.7 x 21 cm, 48 páxinas, interior a cor, capas a cor
PVP: 11.30 euros
Tiraxe: 2000 exemplares
Distribución: Galicia
Entidade: Edicións Xerais de Galicia, S.A.,

autores

a_carreiro.jpg
Carreiro, Pepe
Debuxante
Guionista




  Noticias relacionadas

Pepe Carreiro publica un álbum e elabora unha nova revista infantil.
Publicado o 25 / 4 / 2002
Pepe Carreiro lanza A retirada de Sir John Moore e Bule Bule

Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org