Álbum de banda deseñada arredor do feismo arquitectónico e do caos urbanístico en clave de humor. Desenvolvido no marco do Proxecto Terra do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG). Tivo dúas edicións, comercialmente en castelán, publicada por Norma Editorial, e mais unha edición no orixinal en galego, da Consellería de Política Territorial en colaboración co COAG. O Proxecto Terra levou o premio á mellor iniciativa galega a prol da banda deseñada 2004, que otorgan o Concello de Ourense e a Casa da Xuventude de Ourense. En Portugal titulouse A mansão dos Pimpão (Ed.Asa) e en Francia La demeure des Gomez (Ed.Casterman).
FICHA TÉCNICA
Galicia, 2005
Textos en castelán, galego
Edición rematada
Periodicidade única
Depósito legal:
ISBN: 84-96415-87-2 (ed.esp.), 84-85665-61-9 (ed.gal.), 9789724145853 (ed.port.), 978-2203370197 (ed.fr.)
ISSN:
Categoría: Álbum
Formato: cartoné, 30 x 22 cm, 48 páxinas, interior a cor, capas a cor
PVP: 12 euros
Tiraxe: exemplares
Distribución: España
Entidade:
Xunta de Galicia,
autores