Once bandas desta serie foron publicadas en El Ideal Gallego, da Coruña.
O autor comenta: "As historias dunha vella descoñecida' foron publicadas alá polo primeiro semestre do 1974, antes da morte do dictador, e debe de ser a primeira banda deseñada galega con personaxe fixo e publicación seguida. Agora son máis
esotéricas que daquela." En ocasións as bandas usaban mensaxes implícitas para saltar a censura.