18/08/2008,
Integro
Publicado
Carne Líquida nº7
No sétimo número do fanzine Carne Líquida hai traballos de autores diversos, desde o ilustre Stéphane Blanquet ata colaboradores sudamericanos, sen esquecer o núcleo creativo galego.
Participaron facendo ilustración ou banda deseñada os seguintes autores:
Carlos Arrojo, José Oubiña, Jorge Taboada, Coco Léns, José Domingo, Alex Tiñas,
Jano, Antia Sánchez, Silvi, Emma Ríos, Miguel Porlán, Bernal Prieto, Diego Blanco, Roque Romero, Brais Rodríguez.
Resaltar a participación internacional por parte de Jorge Pérez Ruibal (Perú) e Marco Guzmán (Bolivia) e de Stéphane Blanquet (Francia).
A primeira tiraxe deste número foi de sesenta exemplares. Prezo de venda ao público, tres euros e medio, sesenta páxinas de extensión.
Autores:
Incluida en:
Carne líquida