Alita Cómics Libraría especializada
Fundada na Ronda de Nelle en 2003, abriu a súa segunda tenda no Orzán en 2005. Conta con distribución de libraría especializada e mais de quiosque. Vende tanto banda deseñada como xogos de rol, cartas coleccionables, figuras, xoguetes e libros de ciencia-ficción e de fantasía. Tamén dispón de películas e series de debuxos animados. Conta con importación de merchandising e cómics de EEUU e venda por correo. Organizan torneos, encontros de afeccionados, presentacións de novidades e, periodicamente, clases de pintura.
O horario é de 10:30 a 14:00 polas mañás. Polas tardes abre de 17:00 a 20:30 de luns a xoves. Venres e sábados abre media hora máis á noitiña (17:00-21:00).