Inicio / opinión / Entre as viñetas

Entre as viñetas por Henrique Torreiro
Ver todos os artigos de Henrique Torreiro en Entre as viñetas
Data: 7 / 5 / 2008
Cacauequi
‘Aventuras de Cacauequi’ de Jacobo Fernández, un traballo sorprendente e fascinante.


A risco de parecer recorrente, gustaría de insistir en que non debemos esquecer a cantidade de obras que poderían ter saído a luz e que se perderon para sempre por non termos contado cun panorama normalizado na BD na nosa terra. Nunca poderemos saber a cantidade de autores que terían dito cousas moi interesantes a través das súas páxinas de cómic e que, porén, non estiveron no momento e no lugar adecuados. E é preferíbel non pensar cantos deles terían dado, co tempo, resultados excepcionais. Hai probas de que houbo talento que non puido ser canalizado a tempo, pequenas luces en obras publicadas que, aínda que sen pulir, falan de cousas que puideron ter sido con mellores oportunidades para a continuidade. Sen falarmos dos centos de ideas que quedaron sepultadas en cadernos e cartafoles e que só algúns privilexiados, ademais do propio artista, chegaron a coñecer.
Por iso non podemos máis que felicitarnos —repítoo: sen querer ser recorrente— polo bo momento que a BD galega está pasar, e polas boas sorpresas que segue a deparar. E especialmente porque, despois de moito camiño andado, de moitos esforzos de moita xente, van creándose condicións para que o cómic galego sexa non só un reduto de resistentes, senón que se poidan ir facendo obras co acougo e o vagar que precisan, e mesmo que se poidan facer sen a presión de precisaren un éxito comercial para existir.

A experiencia Cacauequi

Unha obra como Aventuras de Cacauequi (edición anotada), de Jacobo Fernández Serrano, é sintomática de que algo positivo está a pasar no panorama. O seu autor viu o seu labor medianamente recompensado antes da edición do libro por ter sido galardoado co Premio Castelao de BD, outorgado por terceiro ano pola Deputación da Coruña, e a obra é publicada en galego (ademais de en castelán, pero destaquemos o primeiro) a través dunha editora, El Patito, decidida a centrar boa parte dos seus esforzos na banda deseñada. Son pequenos detalles que translocen a mudanza que paseniñamente se está a producir.
En todo caso, Aventuras de Cacauequi non é unha obra máis; é unha obra atípica, e para ben. Unha obra que invoca directamente o hemisferio dereito, que procura as sensacións no lector. Seguramente por isto haberá lectores en busca de lóxicas e estruturas tradicionais, de narrativa clásica, que non acaben de gustar desta obra. Mais hai algo nela que nos leva poderosisimamente ao mundo dos soños, e en especial ao mundo dos nosos medos máis ancestrais, máis persoais; medos que a historia de Cacauequi consegue tocar como se bebese directamente dos mananciais dos mitos primixenios. Hai algo de brutal nos personaxes, que contrasta de tal maneira coa tenrura que por outra banda destila a obra que non cabe dúbida de que quen lea o libro cun mínimo de atención vai quedar, polo menos, tocado pola experiencia.
A edición en forma de álbum d’Os amigos de Archimboldo Roque por Faktoría K e a publicación de máis capítulos dos Animais Pantasma na revista BD Banda con certeza van acabar de confirmar o obra de Jacobo Fernández Serrano como unha das máis suxestivas da actualidade. Da BD en xeral, non só da galega. E non quero ser recorrente...



Blog de Jacobo Fernández Serrano

Os amigos de Archimboldo Roque

Untitled Document
 
Información
Noticias
Reportaxes
Sala de Lectura
Catálogo
Autores
Publicacións
Entidades
Extras
Fondos de pantalla
Todos os extras
Outros
Historia
Suscríbete


Información
Arquivo
Eventos
Especiais
Temas do dia
Zona Cultura
Fin de Semana
Axenda
Certames
Biblioteca
Zona Rss
Soportais
LG3 - Literatura
RCG - Audio
AVG - Cine
BD - Banda Deseñada
Interactividade
Propostas de temas
Boletins
Enviar actos
Enviar certames

Correo da redacción
Mapa do Sitio
Axuda
Nós
O equipo do portal


Consello da Cultura Galega. (www.consellodacultura.org)
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Contacto: Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org