» banda deseñada »  autores
retrato_vanesaduran.jpgDurán Neira, Vanessa
Santiago de Compostela  1972   
Vanessa Durán
Debuxante
Autora de estilo manga, tén participado en media ducia de fanzines. Debutou profesionalmente no mundo do cómic en 1996 con "Uno Entre un Millón" e comezou en 1998 a súa primeira serie, "Sheol". Ambos títulos editounos Camaleón Ediciones. Desde 1997, e como debuxante por conta propia, tén publicado traballos en revistas como "Kame", "Minami 2000", "Nautilus" ademais de en prensa xeralista. En 2000 comeza a súa proxección internacional, cando publica as súas ilustracións no libro canadense "Big Eyes, Small Mouth", e sen deixar o mundo dos fanzines coedita "Itaii Itaii". Desde 2003 traballa como ilustradora na serie de libros de debuxo "Mangamania", que se publica en todo o mundo, e tamén ilustrou "El dibujo manga" (Parramón Ediciones 2006). Esta biografía foi extraída do catálogo "Salón do cómic de Cangas - Dez anos de viñetas" editado pola Xunta de Galicia - Consellería de Cultura e Deporte, Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural e polo Concello de Cangas - Concellería de Xuventude.

Palmarés
Gañou o premio ao mellor manga no I Salón do Manga de Barcelona (1995).

Formación específica
Licenciada en Belas Artes.
publicacións
Álbum
El esclavo de la rosa
Debuxante,
Catálogos e manuais
10 anos de BD galega
Debuxante,
Catálogos e manuais
Salón do Cómic de Cangas: Dez Anos de Viñetas
Ilustrador,
Revista ou comic-book
Certame de cómic de Arteixo
Debuxante,
Revista ou comic-book
Sheol
Guionista, Debuxante,
Fanzine
Generación Z /Cromlech
Debuxante,


Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org