» banda deseñada »  autores
cristoaleister.jpgAleister Parapar, Cristo
A Coruña  1977   
Cristo Aleister
Deseño gráfico
Comezou no mundo dos fanzines na Coruña, participando en exposicións locais organizadas polas asociacións Nostromo e despois Funcomic. Tamén colaborou no proxecto "O cómic na escola" da Escola de Artes da Coruña. Recentemente contribuiu ao álbum colectivo "H2Oil" cunha historia. Na actualidade traballa menos no eido da banda deseñada, pero como deseñador gráfico e maquetador ten desenvolvido importantes traballos, entre os que se conta a portada do disco "Paradÿsso" do grupo Sôber, e edicións da poetisa Yolanda Castaño.

Formación específica
Estudou Artes Aplicadas e Oficios na Escola Pablo Picasso da Coruña.
publicacións
Álbum
H2Oil
Debuxante,
Revista ou comic-book
Leña Verde
Debuxante,
Fanzine
Macabro
Debuxante,


Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org