Editor do semanario "Corsario", fanzine de temática variada do
que se poden ver recensións nos catálogos das ExpofanZines de Ourense. Do "Corsario" publicáronse 19 números entre 1994 e 1997. Foi responsable das xornadas culturais "Asaltos" celebradas en 1996, 1997 e 1998 en Vilagarcía de Arousa. Levou a cabo a coordinación dos dous números do suplemento "CorsarioComix" na revista viguesa
"Bambán". Tamén colaborou no "Kedeké", no "Compostelán" e no especial do Bolchevique Vespertino sobre Star Wars titulado "Esto es la guerra".