» banda deseñada »  autores
miguelcarvalho.jpgCarvalho Conde, Miguelanxo
Donostia (País Vasco)  1966   
Miguel Carvalho
Debuxante
Componente fundador do "Frente Comixario", grupo dentro do cal asinaba colectivamente con Paradelo e Moxom baixo o nome artístico Pestinho. Tamén foi un dos promotores da publicación "Historia da Língua en BD". Asinou a serie "Arre" (con Paradelo e Héitor Real), editada dentro da publicación "Xo" (primeira época) e da "Novas da Galiza" (segunda época). Socio da empresa de deseño gráfico "O Clube da Esquina", forma parte do equipo responsábel da revista "BD Banda".

Palmarés
Finalista no "I Concurso de cómics Casa da Xuventude de Ourense" (1985) coa historia "Jonkins". Mención de honor no II Concurso de BD da Casa da Xuventude de Ourense (1986). 3º premio do Concurso de BD da Casa da Xuventude de Ourense (1987). 2º premio no Concurso de BD da Casa da Xuventude de Ourense (1988). Con Miguel Ángel Chaler, 1º premio no Concurso de BD da Casa de Xuventude de Ourense (1989). Premio Ourense de BD (xunto con Robledo e Héitor Real) pola serie "Familia Perpetua", publicada nos anos 1994 e 1995 no xornal "La Región".
publicacións
Catálogos e manuais
Historieta Galega 1973-2008
Debuxante,
Revista ou comic-book
BD Banda vol.2
Deseño gráfico, Editor,
Catálogos e manuais
As bases da banda
Investigación,
Revista ou comic-book
BD Banda vol.1
Deseño gráfico, Editor,
Álbum
O cómic en Galicia
Debuxante,
Revista ou comic-book
História da língua em banda desenhada
Debuxante,
Revista ou comic-book
Lendiaprea
Debuxante,
Revista ou comic-book
A banda do 17 (Cadernos A Nosa Terra)
Debuxante,
Revista ou comic-book
Debuxantes en banda
Debuxante,
Revista ou comic-book
Frente Comixario
Debuxante,


Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org