Compositor, cantante e creador multimedia, é o autor do cómic "Come Yuca" (Malasombra, 1998) no que se recopilan distintas historias curtas. Participou no álbum colectivo "Historia del Blues" (Undercomic, 2000). Contribuiu ás cortinas de animación para continuidade "Microfilmes 2", iniciativa de Sogecable (a empresa propietaria de Canal+ e Digital+). Tamén traballa en arte dixital.