Como autor-autoeditor é o membro máis activo do colectivo Polaqia, pois asinou os monográficos "Feliz Cumpleaños May", "A voz na caixa", "38" e "Prime Time Holocausto". Dirixiu o fanzine coruñés "El jardín atómico", colaborou no "A prueba de balas" de Emma Ríos Maneiro e participou cunha páxina no álbum colectivo "H2Oil". Participou tanto en solitario como formando tándem con Luís Sendón no volume compilatorio "Barsowia en Llamas" (Dolmen Editorial, 2006) e deseñou unha historia de Kike Benlloch no álbum "Capital" (Edicions de Ponent, 2006).
Palmarés
Premiado dúas veces nos concursos de BD do instituto lugués "A Nosa Sra dos Ollos Grandes". Primeiro premio por "Bolberetas", no III Concurso de BD do Alfaiate (2005), formando equipo con Luís Sendón. Tamén con Sendón colaborou na historia "38/Un conto sobre o medo e a pólvora" que lles valeu a ambos o segundo premio (Cat.A) en Cangas 2006 (8º certame de cómic). Terceiro premio (Cat.A) en Cangas 2007 (9º certame de cómic) con "Entre a escuma".
Formación específica
Estudou deseño gráfico na Escola Pablo Picasso da Coruña. Máster multimedia en creación dixital da Universidade da Coruña.
publicacións
Revista ou comic-book
Habitación 13
Debuxante,
Guionista,
Editor,
Revista ou comic-book
38
Debuxante,
Guionista,
Revista ou comic-book
Barsowia
Guionista,
Deseño gráfico,
Portadista,
Editor,
Álbum
H2Oil
Guionista,
Debuxante,