» banda deseñada »  autores
emmarios2.jpgRíos Maneiro, Emma
Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)  1976   
Teléfono: 687 239 643 /
Enderezo electrónico: nekonet@gmail.com



Emma Ríos
Debuxante
É, ata a data, a artista galega máis importante no mercado dos EEUU e a asinatura autóctona por excelencia en Marvel Comics. Naquela mítica editorial participou no título colectivo Girl Comics e na popular serie Amazing Spiderman (nºs 631-633 con Chris Bachalo, nº 636 con varios debuxantes), ambos títulos de 2010, así como en Runaways, xa publicado en castelán por Panini en 2009, como segundo volume da cabeceira. Tamén debuxou para o selo Boom! en Irredeemable Special (2010) e The Art of Boom! Studios (2011). Ten traballado como arquitecta, ilustradora e autora de cómic, campo este no que se iniciou cun estilo próximo ao manga. Na súa etapa amateur colaborou entre outros cos fanzines El bolchevique vespertino, Esto es la guerra, Mensajes en una botella e Comikaze. É a guionista e debuxante da por agora inconclusa A prueba de balas, unha historia de acción futurista que comezou en formato fanzine (nº0, agosto de 2001; nº1, agosto de 2002) e que se iniciou como cómic por imprenta coa incorporación da autora ao colectivo Polaqia (A prueba de balas nº1, agosto de 2003). Unha historia curta deste universo publicouse no Fanzine das Xornadas (2002) e outra no Barsowia nº2 (2004). Colaborou noutros números do Fanzine en 2005 e do Barsowia en 2007 (nº9) e 2011 (nº16, facendo equipo con con Hwei Lin), así como no Dos Veces Breve Especial autoras (2006) e no Proxecto EntreCruzar (2006). Convidada a Angoulême en 2006 polo fanzine L´inédit, que lle publicou un libro de bosquexos, e ao salón de Andenne (Bélxica, 2005 e 2006), así como a Viñetas desde o Atlántico (2009), onde contou con mostra monográfica propia. Fixo parte das seguintes exposicións: Novos autores coruñeses, Viñetas desde o Atlántico 2000; O chapapote móvese, 2003; Polaqia en llamas, Viñetas desde o Atlántico 2006; La historieta gallega, Fundación Feima, Madrid 2006; O Medo, salón do libro infantil de Pontevedra, 2007.

Palmarés
Gañou o concurso de Arteixo en 1999 co cómic Como el cielo en invierno. Terceiro premio do Certame de Banda Deseñada da Xunta de Galicia (2004) formando equipo con David Rubín. Premio ao mellor autor revelación en Expocomic (Madrid, 2008) por Los Reyes Elfos: Historias de Faerie 2 e Barsowia.

Formación específica
É arquitecta pola Universidade da Coruña.
publicacións
Álbum
Doctor Extraño. Primera temporada
Debuxante,
Álbum
Ensorcelée
Debuxante,
Revista ou comic-book
Spider-Island: Cloak e Dagger
Debuxante,
Álbum
Young Allies
Debuxante,
Revista ou comic-book
Firestar
Debuxante,
Revista ou comic-book
Shadowland: Elektra
Debuxante,
Álbum
Osborn
Debuxante,
Álbum
Galimatías Anos 0 e 1 (2 volumes)
Debuxante,
Álbum
Strange || Extraño
Debuxante,
Álbum
Amadís de Gaula
Debuxante,
Álbum
Hexed. A marca de Lucifer
Debuxante,
Revista ou comic-book
Galimatías
Debuxante,
Catálogos e manuais
Historieta Galega 1973-2008
Debuxante,
Revista ou comic-book
Hexed
Debuxante,
Catálogos e manuais
10 anos de BD galega
Debuxante,
Revista ou comic-book
Asombroso Spiderman
Debuxante,
Catálogos e manuais
La historieta gallega
Debuxante,
Álbum
Na Vangarda
Debuxante,
Revista ou comic-book
Caña
Guionista, Debuxante,
Revista ou comic-book
A prueba de balas
Editor, Debuxante, Guionista,
Revista ou comic-book
Barsowia
Debuxante, Guionista, Portadista,
Álbum
H2Oil
Debuxante, Guionista,
Fanzine
Carne líquida
Ilustradora,
Fanzine
A prueba de balas (ed.fanzine)
Guionista, Debuxante, Editora,
Revista ou comic-book
Certame de cómic de Arteixo
Debuxante,
Fanzine
Craneofilia
Ilustrador,
Revista ou comic-book
O Fanzine das Xornadas
Debuxante, Guionista, Portadista,
Revista ou comic-book
Concurso galego de BD (varios títulos)
Debuxante,
Revista ou comic-book
Spider-man
Debuxante,


Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org