» banda deseñada »  autores
sanmartin.jpgSanmartín Xuncal, Xesús
Bueu (Pontevedra)  1971   
Enderezo electrónico: s_sanmartin@yahoo.com



Suso Sanmartín
Debuxante
Ten colaborado con cabeceiras como "A Nosa Terra", "Xo!", "Tempos Novos", "Novas da Galiza" e "De Troula". O seu estilo achégase a caricatura (el mesmo se considera fundamentalmente caricaturista) e as súas historias teñen unha grande carga de ironía. Humorista gráfico destacado, a pesar de ter diminuido a súa aportación á novena arte nos últimos tempos, participou no álbum colectivo de banda deseñada do Colectivo Chapapote, "H2Oil", coa historia "Lapamán".

Palmarés
Premio Ourense ao mellor autor afeccionado (Casa da Xuventude de Ourense, 2000) por "Deep impasse", co que gañou o XV Concurso Galego de Banda Deseñada Xuventude 1999. O mesmo ano venceu no Concurso Galego para Caricaturistas Noveis.

Formación específica
Licenciado en Belas Artes pola Universidade de Salamanca, na especialidade de deseño e audiovisual.
publicacións
Álbum
H2Oil
Guionista, Debuxante,
Revista ou comic-book
Concurso galego de BD (varios títulos)
Debuxante,


  Noticias relacionadas

Herdeiro dunha longa tradición, o humor gráfico non vive os seus mellores tempos no país
Publicado o 31 / 10 / 2007
Humor gráfico en Galicia
O movemento reintegracionista unifícase coa formación da Assembleia da Língua
Publicado o 8 / 3 / 2002
Máis unidade da lingua

Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org