Coñecido grazas á revista "Golfiño" coa serie "O castelo Regadeira". Introduciuse no mundo da ilustración e do deseño na súa etapa universitaria. Traballou como entintador e dando cor a "Os viaxeiros do tempo" e "Un misterio para Simón" de Fausto Isorna. Colaborou con Carlos Portela realizando as series "Forest Hill" e "Guinsy" para "Atlántico Diario". Ten publicado nas revistas eróticas "Penthouse Comix" e "Eros", e tamén na cabeceira clásica "El Víbora" coa serie "Broz". Tamén participou no tomo "Magical Mystery Tour" de Sulaco Ediciones e o faneditor catalán Santiago Navarro Carretero publicou un cómic seu titulado "Fábulas benévolas". A súa principal editorial é Dolmen, na que conta xa con tres monográficos: "El caballero despollado", "Erika" e "Quatroccento".