Comezou facendo historietas nos números 1, 3,4 e 5 do fanzine
Fuck Comics coa personaxe
Jañán Busca Jaca.
En 2011 realizou unha BD incluída na edición especial
Balls of steel do videoxogo
Duke Nukem Forever e mais unha miniserie de catro números baseada no mesmo xogo para a editorial estadounidense IDW. Compilouse despois nun só volume.
Ao ano seguinte fixo un álbum para a editora francesa Les Deux Royaumes, baseado no xogo
Might&Magic Heroes VI, co título
Might&Magic Heroes: t1 Soeurs de Sang.
En 2012 tamén debuxou as capas dos números 3 e 4 da serie
Kiss de IDW. Ilustrou o capítulo 14 da serie
Arrow en edición en liña, previsto para se incluir no número 5 da edición impresa, para a editora norteamericana DC comics.
Xa en 2013 recuncou nas tapas de
Kiss, encargándose das entregas sétima e oitava, e fixo os episodios 17 e 21 de
Arrow en liña. O primeiro deles prevese incluir no sexto número da edición en papel.
publicacións