Debuxante profesional asentada en Vigo, comezou coa serie Ga para a revista Golfiño. Ten asinado como Violeta traballos masivamente distribuídos de corte erótico na revista Kiss Comix. Nesta mesma cabeceira debutara en 2005 entintando unha portada de Mónica e dous anos máis tarde con serie propia, titulada Violet. Despois ten feito outro serial chamado Sofía, en colaboración coa guionista Eva Lance. Tamén é colaboradora ocasional no fanzine vigués Fuck Comics, con portada e páxinas nos nº3 e nº4. Ten tido outros dous blogs, BD e El mundo de María Vilar.