Gimeno, José
A Coruña 1965
Teléfono: / 981 221 742
José Gimeno Debuxante
Nacido no coruñés barrio de Montealto, ten vivido en Francia e entre o 97 e o 98 publicou diferentes ilustracións na revista italiana "Skorpio". Durante os oitenta desenvolvera tarefas de ilustrador para editoriais como Vía Láctea ou Xerais e colaborou con xornais como "La Voz de Galicia" e "El Ideal Gallego". Entre 1989 e 1996 publicou varias historias nas revistas "Totem", "Cimoc" e "Zona84". No selo asturiano Dude publicou a miniserie "Profundo" (2002-2003), dous álbumes formato prestixio nos que o autor une os mitos de Lovecraft coa Galicia máis tradicional e máxica. Tamén contribuiu ao álbum "H2Oil" do Colectivo Chapapote.
Palmarés
En 1989 gañou o concurso "Zona84". En 1996 gañou o premio "Ciudad de dos hermanas" coa historia "Calipso y el hambre", que inclúe un texto de Álvaro Cunqueiro.