Publicou o relato breve autoconclusivo "Vitapakouras" no BD Banda nº6. Aquel era o seu retorno aos cómics despois dunha prolongada ausencia do medio. Colaborando especialmente na escena local de revistas e fanzines, este autor participara na eclosión cultural viguesa dos oitenta. Tamén traballou para o Faro de Vigo e para o fanzine de Cangas "O pito cairo". Despois o seu labor decantouse pola ilustración de libros como "As luces que se acenden e se apagan", "O pirata pata de lata", "Santos e defuntos" e "Casa Vacía". "Historias de los niños sobrenaturales" é o seu primeiro álbum longo de banda deseñada.
Palmarés
Pola obra “Kartoffel”, asinada conxuntamente co seu irmán José Trigo Alonso, foi finalista no V premio Castelao de banda deseñada da Deputación da Coruña.