» banda deseñada »  autores
retrato_danidocampo.jpgDaniel Docampo Moreno
Vigo  1974   
Dani Docampo
Debuxante
Aínda que fixo cursos de debuxo e cómic, é un deseñador autodidacta. Comezou colaborando nos fanzines vigueses "Chámalle-X" e "Generación Z". Como profesional rematou os debuxos de Fausto C. Isorna na segunda etapa de "Golfiño" (2002-2003), realizando tinta e cor a partir do lapis. Realizou ademais naquela revista dúas series, "Ágata e Coitelo" e "Perçy e Marionetti", esta última con guións de Gundas. Actualmente traballa nun proxecto para a revista "Lanfeust" da editorial francesa Soleil.

Palmarés
3º premio no I Salón de cómic de Vigo (1995). 5º finalista no concurso da revista Otaku (Norma editorial). 1º premio no V Salón de Comic de Cangas.
publicacións
Catálogos e manuais
10 anos de BD galega
Debuxante,
Revista ou comic-book
Golfiño
Entintador, Colorista, Debuxante,
Fanzine
Generación Z /Cromlech
Debuxante,
Fanzine
Chámalle X
Debuxante,


Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org