Entrou en contacto coa banda deseñada a través dun curso impartido por M. A. Gallardo en Las Palmas de Gran Canaria a mediados dos oitenta. Despois, cando estudaba Belas Artes na Facultade de Pontevedra a primeiros dos noventa, fixo viñetas de xeito esporádico para revistas da Universidade de Vigo como "Xeitos e feitos", e edicións da propia facultade de BBAA. Realizou o cómic para a revista "Consumidores", editada polo Instituto de Consumo da Xunta de Galicia e colaborou en fanzines como "Cretino" e "A tu moe". Os dous volumes de "Las historias de Mariano" son a súa principal edición. Son libros a toda cor conformados por historias curtas deseñadas con técnica dixital. Olla no noso soportal AVG
cinco micrometraxes de Mariano Casas que adaptan BDs súas.
Palmarés
Gañador en 2008 do Premio Castelao de BD da Deputación da Coruña coa obra Mensaxes.
Formación específica
É licenciado en Belas Artes pola facultade de Pontevedra na especialidade de pintura e actualmente é profesor de ensino medio na asignatura de debuxo.
publicacións
Noticias relacionadas