Publicou traballos en diversos fanzines como Atumoe ou Ecatombe. É o autor do debuxo dun álbum para o concello de Alcorisa en Teruel, obra histórica con guión de David Braña.
Palmarés
Gañou dúas veces o certame de BD de Moaña (edicións sétima e octava), o V certame Agora (Lugo) e o concurso de cómic ciudad de Dos Hermanas (Sevilla), na sección D. Resultou galardonado no I Certamen de Cómic Xperman. Levou o primeiro premio do concurso de cómic "Los Colorines" (San Miguel de Abona, Tenerife, 2005).