Traballa sobre todo en animación. A nivel individual colaborou na cor base do álbum de Miguelanxo Prado "A mansión dos Pampín" de Norma Editorial e en equipo contribuiu ao proceso creativo dos dous primeiros números da colección "Ciencia para todos" do Consello da Cultura Galega, "Vivir no solo" e "¿De quen é a auga?", como colaborador do Estudio Tangaraño.