De la Peña Santiago Rego, Jesús
Ribadeo (Lugo) 1941 - Ribadeo (Lugo) 2005
Suso Peña Debuxante
Considerado o primeiro profesional galego da banda deseñada, comezou a finais dos sesenta como parte do grupo La Floresta do que tamén facían parte Carlos Giménez e Esteban Maroto. Traballou para axencias como Selecciones Ilustradas e editoriais como Warren ou Bruguera en cómics de xénero -ciencia ficción, aventuras, piratas- contribuindo a unha ampla obra que abrangue vintecinco anos de cambios cruciais na historia do país e da banda deseñada, traballos que viron a luz a ambos lados do Atlántico. Suecia, Alemaña ou EEUU son algúns dos países onde o seu traballo viu a luz. A mediados dos oitenta deixou o mundo do cómic para dedicarse á docencia. Algunhas das súas obras son Cinco por infinito, El hombre de Pinkerton e Wheeler. O seu traballo fotográfico protagoniza o libro Suso Peña: La mirada mágica. Máis información nesta páxina.