Pintor e debuxante caracterizado por un estilo moi experimental, participou na renovación da plástica galega dos anos setenta no grupo SISGA. Colaborou en publicacións como "Tintimán", "Valium 10", "Das Kapital" e "Animal". O álbum "Papagaio Spray", publicado en 1993 polo Frente Comixario, recolle varias das súas historias curtas de cómic.