Co-creador a finais dos 90 do fanzine vigués Alopecia Mental, participou en diversas ocasións no "Barsowia" do colectivo Polaqia. Tamén fixo cómic para o álbum colectivo "H2Oil" arredor da catástrofe do Prestige.
Formación específica
Bacharelato artístico no Instituto Politécnico de Torrecedeira (Vigo). Licenciatura en Belas Artes na especialidade de Deseño e Audiovisuais na Facultade de BB AA de Pontevedra (Universidade de Vigo).