Unha reflexión sarcástica sobre a arte moderna gaña o concurso de guións de Curtocircuíto

Arte de guión

21/5/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
“Historia da arte” é o título do guión co que Javier Batanero (Madrid, 1960) acaba de gañar a cuarta edición do concurso de guións de Curtocircuíto. A súa proposta pretende achegarse á utilidade e á esencia da arte moderna que vive de costas á realidade. O guión de Batanero foi escollido entre os 118 textos que foron presentados ao concurso. O galardón consiste na produción da curtametraxe que se estreará no na gala de entrega de premios que terá lugar o 20 de outubro.

Máis información no web do Curtocircuíto

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Guión, Curtocircuíto, Historia da Arte, Madrid

Claves

Entidades
Lugares