É sabido que as grandes obras, ou as que se fan en zonas sensibles, van acompañadas do seu correspondente estudo arqueolóxico. A idea é garantir que os posibles restos que se atopen na zona se poidan estudar e conservar axeitadamente. No entanto, en ocasións cómpre investigar un depósito no medio mesmo da obra, e mesmo ás veces é complicado garantir a preservación dos restos. O último exemplo é o do Círculo Lítico da Mourela, pero canda a el existen moitos máis.
A idea básica cando se fai a análise arqueolóxica dunha futura obra é que non sexa necesario andar con présas. O Laboratorio de Patrimonio, Paleoambiente e Paisaxe (LPPP) compartido pola Xunta e o Centro Superior de Investigacións Científicas, encárgase a miúdo deste tipo de traballos. Desde alí David Barreiro, responsable da Unidade de Servizos Arqueolóxicos, explícanos o proceso. "Cando se está a facer un traballo de control e seguimento arqueolóxico, o normal é pensar que pode aparecer algo. Entón o lóxico é que previamente se fixese un inventario vendo os elementos que poden estar alí e verse afectados". Nese sentido, e xa nunha fase posterior "pódense facer predicións sobre que aparezan determinadas cousas nalgunhas zonas. E aí xa procuramos estar máis atentos para que canso de inicie a remoción de terras, inspeccionar".
Cando chegan os restos
Por moito que se estudase previamente, en ocasións xorden os restos xusto nese momento. "Cando aparecen este tipo de cousas, o que se fai inmediatamente é notificalo á dirección da obra para que cesen as remocións. Logo facemos un informe co que notificamos a Patrimonio", explica este arqueólogo. Nese texto, polo xeral, xa se propoñen unhas primeiras medidas de actuación sobre os restos, que van desde "parar as obras a facer unha limpeza de superficie ou unha inspección máis detida. Dependendo do que apareza, pódese facer mesmo unha escavación". En calquera caso, a lista de prioridades para os arqueólogos está clara. "O primeiro é sempre evitar o impacto e salvar o ben se é posible. Tamén se poden trasladar os restos ou tapalos e, finalmente, se son visitables, pódese mesmo facer unha musealización".
Mudar o proxecto
Chegado o caso, é posible mesmo que a importancia dos restos aparecidos obrigue a mudar determinado proxecto. "En teoría o que se pretende é que non pasen esas cousas. Se a avaliación está ben feita e con antelación abonda, téntase que, se é importante o que está afectado, se poida modificar o proxecto", explica Barreiro. De calquera xeito, este arqueólogo recoñece que a marxe de manobra para que se produzan mudanzas varía moito. "Hai proxectos, coma os parques eólicos, que son máis sinxelos de modificar, mentres que outros, coma o AVE ou determinadas autovías teñen unha marxe mínima". Ademais, segundo asegura, tamén ten a súa importancia de quen dependa a obra. "As distintas administracións teñen procesos de avaliacións diferentes, e en ocasións cando chegan os arqueólogos ao terreo por primeira vez a posibilidade de cambios pode ser xa moi pequena".
Aproveitar a destrución
Ás veces non hai xeito de evitar que unha obra destrúa un depósito, pero debemos pensar que mesmo unha situación así pode aproveitarse desde un punto de vista arqueolóxico. "Nese caso faise unha escavación de urxencia o máis completa posible para documentar todo o que se vai destruír", explica Barreiro. En concreto desde o LPPP teñen claro que tamén destes casos se debe tirar un beneficio. "Aproveitamos estes impactos para xerar coñecemento. Temos un programa que integra bastante ben o traballo de protección e a xestión das intervencións coa investigación", explica. Nese sentido, no centro en que traballa intégranse nun mesmo circuíto todos os datos que xorden das diferentes escavacións. Deste xeito fórmase un corpus que pode ser empregado polos diferentes investigadores. Aínda máis, "tentamos integrar todo isto para mellorar a propia xestión. Os modelos que temos sobre a posible localización de sitios arqueolóxicos baséanse nestes datos e permítenos predicir o que se pode ver afectado", de xeito que os datos dunhas obras axudan a traballar noutras.
Non recuperables
De calquera xeito, moitos dos depósitos que se destrúen ou fican cubertos polas obras non son necesariamente candidatos a unha recuperación ou a investigacións máis fondas. "Moitas veces trátase de sitios que se non fosen afectados polas obras nunca serían coñecidos", apunta. "Por exemplo, no Corredor do Morrazo víronse afectados moitos depósitos pero tampouco eran monumentais. Entón a premisa de os conservar sempre é moi relativa. En xeral fálase de conservar polo que significan uns restos, polo seu potencial informativo ou polas posibilidades de que convertan nun lugar visitable", explica Barreiro. "Aló por exemplo, eran depósitos que non estaban visibles na superficie e só apareceron cando a obra pasou por alí".
Musealizar onda as obras
Tamén é certo que as obras non sempre provocan a destrución de restos, e en ocasións redundan, de xeito máis ou menos directo, na recuperación de elementos arqueolóxicos. "Cando é factible contémplase a musealización, mesmo sobre bens que non están directamente afectados, como un xeito de compensación", sinala este investigador. "Este é o caso, por exemplo, do Forno dos Mouros, en Sobrado, que se musealiza como unha medida compensatoria a respecto do parque eólico que está a un quilómetro de distancia". Ai aínda casos nos que os restos que aparecen dan pé a futuras investigacións. "É perfectamente posible. Sobre todo nos bens que non están visibles en superficie, pódese facer unha estimación sobre o seu tamaño", indica este arqueólogo. E é que, moi a miúdo, a obras non afectan á totalidade dun ben.
Frustracións arqueolóxicas
Barreiro recoñece que para moitos dos seus colegas, este sistema de traballo pode supor unha certa frustración ao non poderen dedicarlle todo o tempo que lles gustaría a investigar determinados depósitos, debido ao prazo que marcan as obras. É tamén nese sentido que defende a necesidade de lle dar unha utilidade teórica a estas actuacións, tal e como fai o LPPP. "É unha mudanza de mentalidade, aproveitar aquilo que se vai destruír. Esta é unha das directrices da convención de Malta sobre Patrimonio de 1992. Hai xente que o pensa do xeito contrario e lles resulta frustrante".
Actualidades arqueolóxicas
No centro de todas estas cuestións atopamos de cando en cando novas nos medios de comunicación. Se o xa citado exemplo do Corredor do Morrazo xerou polémica, nos últimos meses é o coñecido Círculo Lítico da Mourela o que se sitúa no centro do furacán. "Neste caso, que eu saiba, o que aconteceu é que o estudo de impacto desta obra non detectou este depósito, e de aí veñen todos os problemas posteriores", apunta Barreiro. Denuncias, protestas populares ou a paralización das obras debuxan un complicado panorama. "O último que se fixo foi escavar, por iniciativa da Dirección Xeral de Patrimonio, pero é moi difícil pensar en alternativas ao ser unha obra moi avanzada". Está claro que no futuro imos atopar novos casos nos que a polémica arqueolóxica acompañará as obras. Só nos resta agardar que se poidan aproveitar ao máximo os restos que aparezan para coñecermos a nosa historia.