Os responsables do Cineclube Compostela declaran pola proxección do filme documental “Terra Negra”

Cousas de lei

O 21 de febreiro de 2007, Cineclube Compostela proxectou o filme “Terra Negra” de Ricardo Íscar. Unha proxección pola que os responsables desta asociación tiveron que ir declarar á Sala do Mercantil da Audiencia Provincial da Coruña. Un feito polo que lle reclaman 250 euros en virtude do dereito de exhibición. O Cineclube, nun comunicado, asegura “que as circunstancias nas que se realizou esta proxección están perfectamente axustadas á lexislación actualmente vixente, e considerámonos con dereito, tanto xurídico como moral, para non abonar esta cantidade”. Despois da vista oral que tivo lugar onte, a sentenza terá lugar nos vindeiros dez días.