Un xornal para o máis pequenos. Iso é o que pretende ser a revista "Bule Bule" que lanzará o vindeiro nove de maio "A Nosa Terra". Nocións de historia, lingua galega ou respecto ó medio son algúns dos temas que se tratarán cada mes nas súas dezaseis páxinas, que se distribuirán por todo o paÃs nunha tiraxe de quince mil exemplares por só un euro cada un. Todo en galego e dirixido a rapaces e rapazas de ata once anos e a centros de ensino.
Contidos
"Bule Bule", abrirase cunha portada que presentará ós personaxes Noa e Nelson, uns xornalistas que investigan en cada número un tema que se desenvolverá no interior da revista. Ademais, na mesma portada haberá unha tira cómica, "Pizzas Peperone" realizada, coma a portada, por Pepe Carreiro. Deste mesmo autor poderán lerse episodios da súa serie "Os bolechas".
A revista incluirá un apartado de maxia coordinada polo Mago Antón, a sección "Explorando a terra" na que se falará das diferentes especies do paÃs en perigo de extinción, un coleccionable de Historia de Galicia, unha sección de educación vial, pasatempos, noticias e reportaxes en didácticos sobre ciencia, ecoloxÃa e novas tecnoloxÃas.
Os temas centrais de cada número realizaranse en colaboración con cento cincuenta centros de ensino de todo o paÃs, nos que profesores e alumnos abordarán as propostas da revista e enviarán os seus traballos.
Carreiro é tamén o encargado do deseño da nova publicación que tamén incluirá episodios da serie "Os Bolechas".
En canto a información, inclúense noticias relacionadas co mundo da infancia e unha axenda con diferentes actos que poidan ser de interese para os máis novos.
O formato será semellante ó dun xornal de dezaseis páxinas dun tamaño semellante a un A3, en papel de noventa gramos, a catro cores.
Por se fose pouco, porase tamén en marcha unha web onde os lectores poderán publicar os seus propios debuxos e artigos.
Distribución e pedagoxÃa
A tiraxe da revista será de quince mil exemplares que se distribuirán en kioskos e centros de ensino ó prezo dun euro cada un. Os contidos da revista contan co asesoramento de profesores e pedagogos e están pensados para empregarse coma material didáctico nas aulas. Segundo sinalan os editores, na realización desta revista están implicados diferentes colectivos de todo o paÃs que colaboran con traballo voluntario nos contidos.
A periodicidade inicial da revista será mensual, aÃnda que antes do verán a editora quere sacar tres números e logo do parón estival retomar a publicación mes a mes. O fin último é ir reducindo gradualmente o perÃodo de publicación pasando a facer a revista primeiro quincenal e finalmente semanal.
"Bule Bule" é unha cabeceira que xa fora editada a comezos dos oitenta pola Asociación Sócio-Pedagóxica Galega e que o semanario "A Nosa Terra" recuperara recentementa para a súa sección infantil.