O Museu Getty adquiriu de xeito pouco claro un Cristo en Maxestade orixinario da Catedral de Ourense

De Ourense ao Getty

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Un Cristo en Maxestade que o Museo Getty de Los Ángeles quere expor a partir do vindeiro ano, é orixinario da Catedral de Ourense. Segundo revelaban esta fin de semana blogs coma "Novas de Arqueoloxía" ou "Arqueoloxía e Patrimonio", remitíndose á nota de prensa da propia institución, a imaxe fai parte dunha serie que adornaba o altar da catedral e da que se atopan outras pezas no Museo Catedralicio da Cidade das Burgas. O museo adquiriulle a peza a un coleccionista privado, o que provoca dúbidas sobre a legalidade da transacción.

Máis información en Novas de Arqueoloxía e en Arqueología y Patrimonio

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Catedral, Ourense, Arqueoloxía, Cidade das Burgas