Cultura crea un festival para achegar a música de cámara con concertos e conferencias

Cidades de cámara

3/5/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
“Cameralia” é o nome dun evento internacional dedicado á música de cámara que poñen en marcha a Consellaría de Cultura e o IGAEM coa colaboración do Consorcio de Santiago. Un proxecto que pretende dar a coñecer a música de cámara no noso país e que ten dúas partes ben diferenciadas. Dunha banda un apartado expositivo que leva a etiqueta de festival e que ofrecerá concertos de formacións de primeiro nivel en oito localidades. Da outra, un aspecto formativo con cursos, clases maxistrais e conferencias.

Máis información no web do proxecto e na prensa en El Correo Gallego e en Galicia Hoxe

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Galicia Hoxe, El Correo Gallego, IGAEM, Consorcio de Santiago