Preséntase o I Festival e Academia de Música de Cámara, que achegará trinta e nove concertos ao país

Cámara... e acción

25/1/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Cameralia 07 é o nome o I Festival de Música de Cámara de Galicia que presentaba esta mañá a conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, na Escola de Altos Estudos Musicais, en Compostela. O evento, que se desenvolverá o vindeiro mes de xullo, achegará 39 concertos a dez cidades e vilas do país. Ademais, o festival inclúe unha academia, na que se impartirán 182 clases de música coas que se quere formar intérpretes neste tipo de obras. Para comezar, mañá ás nove da noite un concerto de José Luís Estelles (director artístico do evento) co Cuarteto Casals, servirá para presentar o festival no Auditorio de Galicia.

Máis información no web da Consellaría

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ánxela Bugallo, Auditorio de Galicia, Santiago de Compostela

Claves

Protagonistas