Preséntase en Xapón o disco de Carlos Núñez coa banda sonora da película de animación Gedo Senki

Carlos Núñez no manga

19/4/2007 | Redacción. MeGA | Seccións: Música
Compartir:
Na tenda Tower Records de Tokío Carlos Núñez ven de presentar o disco “Melodies from Gedo Senki” que recolle a música interpretada polo vigués para a película de animación Gedo Senki dos estudos Ghibli. A película, en Europa “Tales from Earthsea”, está ambientada nun mundo máxico de feiticeiros e dragóns e o director do filme Goro Miyazaki requiriu o traballo de Núñez para conseguir unha “música celta do futuro, inspirada en Irlanda, Escocia, Bretaña e Galicia, cun toque xaponés e incluso toques de flamenco” e ante a calidade da música decidíronse a gravar e editar un disco cos 23 temas da película. “Melodies from Gedo Senki” gravouse no estudio de Carlos Núñez en Galicia. O disco presentarase en concerto o día 9 de maio no Auditorio NHK de Tokío.

Máis información en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Carlos Núñez, Animación, Xapón, La Voz de Galicia...

Claves

Protagonistas
Conceptos