A Obra Social de Caixa Galicia organiza un ciclo de conferencias sobre violencia infantil e xuvenil que percorrerá A Coruña, Lugo, Vigo, Ourense e Ferrol. Nelas prestixiosos psicólogos como Mario Salvador e Bernabé Tierno analizaran as causas e posibles solucións deste problema social. O ciclo de conferencias comezará en o día 18 en Ferrol.
Causas
Na conferencia inaugural destas xornadas, Bernabé Tierno tentará establecer uns parámetros para diferenciar violencia e agresividade, comentando posibles solucións para prevenir casos de nenos e adolescentes violentos. No día seguinte, o tamén psicólogo Mario Salvador tratará das posibilidades da educación como elemento de contención da violencia na xente novae a influencia dos vinculos afectivos na aparición do fenómeno.
Índices
Segundo datos da organización, a violencia xuvenil é unha problemática a nivel mundial que se manifesta de xeito especialmente grave en Estados Unidos, onde o índice é 88 veces superior á media europea. A falta de referentes éticos e de saídas vitais está na base deste problema segundo os expertos. En Francia a xente nova está implicada en máis do 80% dos casos de delincuencia de proximidade, e en Inglaterra un 8% dos alumnos de Ensino Medio acode armado a clase.