As librarías festexan o Día Internacional do libro con descontos nos seus prezos

O día L

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Hoxe, 23 de abril é o Día Internacional do Libro, unha festividade á que se suman os actores do sector. As librarías ofrecendo descontos nos prezos dos seus libros, e as editoriais achegando volumes para este día. A Consellaría de Cultura distribuirá 40.000 libros de relatos relacionados co mundo do ferrocarril entre os usuarios deste medio de transporte. Canda a eles, a Galega ofrecerá “Libro Aberto”, o programa que a partir de agora se emite os luns. Ademais, esta fin de semana comezou a Feira do Libro de Lalín, que abre o período destas citas que rematarán en Monforte de Lemos a finais de agosto.

Máis información sobre as feiras do libro en Galicia Hoxe, no web da CRTVG sobre Libro Aberto e sobre o Día do Libro na nosa hemeroteca

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con CRTVG, Feira do Libro, Galicia Hoxe, Día do Libro...