A asociación de escritores edita e distribúe milleiros de carteis coas imaxes de poetas

Poetas polas paredes

23/4/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Vinte milleiros de carteis dedicados a poetas galegos de todos os tempos foron distribuídos por centros vencellados á cultura de todo o país. Con esta edición, apoiada pola Consellaría de Cultura, a Asociación de Escritores en Lingua Galega pretende contribuír á visibilidade dos autores a través das súas imaxes e partes dos seus versos. Proximamente a AELG sacará unha nova tiraxe de carteis con autores de narrativa. Esta asociación celebrará o vindeiro 5 de maio a Cea das Letras na que fará entrega dos seu premios anuais nas diversas categorías que abranguen.

Máis información no sitio da AELG

Que che parece esta nova?
24 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Escritores, Lingua galega, Narrativa, Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega