A India e Cuba acollen dous ciclos de proxección de producións galegas

Xoias do audiovisual

23/4/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
O sector audiovisual galego ten un reto pendente na súa internacionalización. Por iso, é boa nova que as nosas producións estean a se exhibir en Cuba e na India. En Cuba grazas ao I Encontro do Audiovisual que promove a Secretaría de Comunicación, cunha proxección de filmes, a sinatura dun convenio co Instituto Cubano de Arte para desenvolver proxectos conxuntos e a recuperación dunha vintena de documentais que se depositarán no CGAI. Da outra, grazas ao Centro de Estudos de Español, Portugués e Italiano da Universidade Jawaharlal Nehru, en Nova Delhi poderanse ver as últimas producións galegas, acompañadas de clásicos como “Sempre Xonxa” de Chano Piñeiro.

Máis información sobre o encontro Cubano no web da Xunta e sobre o encontro en Nova Delhi en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
22 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cuba, India, Chano Piñeiro, Documentais...

Claves

Protagonistas
Lugares