A Xunta asina un convenio con Caixa Galicia para crear o Foro Galego do Audiovisual

Punto neutro do audiovisual

12/3/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
O audiovisual galego xa ten o seu foro. Trátase dunha iniciativa que pretende promover o intercambio de ideas, elaborar informes para coñecer a realidade do audiovisual e definir estratexias. O Foro Galego do Audiovisual é posible grazas ao convenio asinado polo presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, e o director de Caixa Galicia, José Luis Méndez. O convenio contempla tamén que a fundación da entidade financeira poida por en valor os fondos do CGAI a través da difusión e captación de fondos vencellados ao audiovisual.

Máis información no web da Xunta, en El Correo Gallego, en Xornal

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Caixa Galicia, Emilio Pérez Touriño, CGAI, El Correo Gallego