Comezou sendo unha emigración incentivada para crear asentamentos nun espazo estratéxico na ruta das especias. A aparición de petróleo un par de séculos despois converteuno nun dos lugares con máis demanda laboral da Argentina. A Patagonia foi o destino de moitos emigrantes galegos, algúns con máis fortuna ca outros. Un fenómeno curioso que deixou lendas como A Cidade dos Césares e figuras como o Galego Soto, o líder da Patagonia rebelde.
A historia da emigración galega á Patagonia está chea de numerosas historias, algunhas máis destacadas que outras que lembran unha historia dura, chea de grandes dificultades (como a historia da emigración mesma) que deixaron tras de si grandes mitos e lendas. Non é estraño pois que Víctor Freixanes en A Cidade dos Césares ficcionase a partir deste feito histórico, presentando unha novela que describe a que ben puido ser a primeira epopea da Galicia emigrante, o intento de colonización da Patagonia por familias galegas a fins do século XVIII. A Cidade dos Césares tamén ten como orixe as historias de náufragos abandonados e conquistadores perdidos ao longo da Patagonia, unha zona con grandes dificultades.
Os inicios
Víctor Manuel Castiñeira, autor xunto con Alfredo Martín do libro Dun finisterre a outro: a emigración galega á Patagonia asegura que despois do descubrimento de América e do Estreito de Magallanes, a costa da Patagonia comezou a desenvolver unha especial atracción por ser un lugar de paso na ruta das especies. Por iso, a coroa de Castela buscou asentamentos desde o século SXVI, que lle permitisen posicionarse dentro neste importante enclave. Sen embargo, Castiñeira explica que as expedicións foron promovidas pola coroa castelá, por unha maneira de evanxelizar o terreo, pero iso como último termo. O obxectivo principal era crear unha programación estable para asegurar unha relación territorial.
Para conseguir este obxectivo creáronse unha serie de expedicións, sendo as máis coñecidas as organizadas por Sarmiento de Gamboa que saíron do porto da Coruña. Unhas comitivas formadas por mulleres, soldados, colonos, nenos e obreiros que permitiran un asentamento estable que foron fundado cidades e, posteriormente abandonados á súa sorte. Hai que ter en conta que o clima da Patagonia é moi frío, con poucas chuvias, e fortes ventos constantes que forman tormentas de area e con auga escasa, un lugar inhóspito que fixo que moitos dos que foron colonizar este territorio pereceran e o resto quedase á súa sorte abandonado polos gobernos que os mandaron alá.
A emigración indirecta
En 1907 produciuse un fito histórico que motivou unha segunda etapa nos movementos migratorios galegos a Arxentina. A descuberta de reservas de Petróleo na Patagonia espertaron un interese inusitado ata o momento que propiciou unha migración interior inversa á tendencia natural. Foi entón cando os principais asentamentos da Patagonia, dedicadas ao gando e pouco poboadas, comezaron a desenvolver unha incipiente industrialización e pasaron a converterse en foco de atracción de poboación. O caso que nós estudamos, explica Víctor Manuel Castiñeira, era o de Comodoro Rivadavia, unha cidade que pasou de ter tres mil habitantes a cento vinte mil a día de hoxe. Cara esta cidade desprazarónse numerosos galegos que xa estaban en Bos Aires. Houbo que comezar a abastecer a cidade que medraba de xeito vertixinoso, explica Castiñeira, e como non había porto, tiñan que descargar o material en barcazas e de aí levalo á Cidade. Victor Manuel recorda que hai que ter en conta as características climatolóxicas da Patagonia, moi semellantes ás da Costa da Morte, determinantes para que os galegos fosen os máis hábiles (tamén os mellor afeitos) a facer ese traballo. Por iso, conclúe os galegos que estaban traballando no Porto de Bos Aires foron chamando a outros galegos para ir traballar cara a Patagonia. Había traballo.
Outro nome: o Galego Soto
Á raíz da incipiente industrialización xurdida ao abeiro do petróleo, a explotación gandeira propia daquela terra, así como a aparición de xacementos mineiros, xestou toda unha masa obreira traballadora que se foi organizando rapidamente. Foi aí, cando un galego converteu nunha figura destaca pola súa traxectoria sindical que entroncou cun momento relevante na historia anarquista e obreira da Arxentina. Falamos de Antonio Gonzalo Soto Canalejo (Ferrol, 1897- Punta Arenas, 1963). Comezou sendo un actor teatral dentro da compañía Serrano Mendoza coas que percorre numerosas zonas obreiras de Arxentina. Nunha destas viaxes chega así a Río Gallegos e, impresionado polo ambiente obreiro da cidade, abandona a compañía de teatro para incorporase á Sociedade Obreira, onde se vai formando como líder sindical. Inicia así unha unha carreira sindical nunha época na que a tensión obreiros-patróns rurais ía in crescendo. A represión chegou contra primeiro conta os primeiros obreiros en folga, pero cando o descontento se estendeu, ata 1.500 traballadores foron asasinados. Antonio Soto, coñecido como o Galego Soto e o líder do movimento obreiro, fuxiu pola cordilleira perseguido polo exército arxentino e os carabineiros chilenos que tentaban que non entrase no seu país.
A Federación Obrera ocultouno en Punta Arenas, desde onde partiu cara Valparaíso. Iniciou entón unha vida marcada polas mudanzas de domicilio ata que se asentou en Punta Arenas, onde traballou nunha fundición e fundou o Centro Republicano Español, o Centro Galego e a filial da Cruz Vermella Internacional. Unha figura destacada dentro da longa traxectoria da historia galega na Patagonia.
*Imaxe procedente do Arquivo da Emigración Galega