Os editores galegos desembarcan esta semana en Barcelona para ocupar un espazo dentro da festa cultural asociada ao San Jordi na capital catalá. A colaboración entre a Asociación Galega de Editores e a GalerÃa Sargadelos dá como froito un programa de actos do libro galego que inclúe presentacións de libros desde o mércores 18 ata o dÃa 27 por parte das editoriais Alvarellos, BaÃa, Xerais, Galaxia e Positivas. Esta última editorial engade ademais outras actividades e dúas presentacións cargadas de escenografÃa na praia da Barceloneta, onde presentará “Contatrás”, de Paula Carballeira e ante a Catedral de Barcelona, onde fará lectura colectiva de “ApostasÃa”, de Óliver Escobar. A Feira do Libro de Bos Aires, entre o 19 e o 24 de abril, e a Feira do Libro Infantil e Xuvenil de Boloña, entre o 24 e o 27 de abril, serán outros foros de promoción do libro galego antes do remate do mes.
Máis información en Asociación Galega de Editores