Malia que o máis coñecido é San Froilán, o noso paÃs deu ata seis figuras para o santoral. Agora, que vimos de celebrar a semana máis relixiosa do ano, buscamos que homes nados en Galicia obraron na súa vida algún milagre recoñecido pola Igrexa. Son historias de santos, dos nosos santos.
San Froilán, San Rosendo, San Pelaio, San Pedro de Mezonzo, San Francisco Blanco e San José MarÃa DÃaz Sanjurjo, Santa Trahamunda, Santa Seniorina e Santa Aragonta son algunhas das figuras galegas que, nalgún momento da súa vida fixeron algún milagre polo que a Igrexa lles recoñeceu o máis grande status que pode conceder a un mortal: a canonización.
Non todos seguiron os pasos que marca a igrexa: o perÃodo de tempo desde a súa morte (antes era de 50 anos, despois de cinco e agora xa non hai prazo); a fase informativa a cargo do bispo local que inicia o Proceso Ordinario; o proceso de documentación dos milagres entendendo por tales o martirio ou as virtudes heroicas, asà como a beatificación, previa á canonización. Algúns santos como San Froilán fórono case “de oficio”, xa que a Igrexa, por continuar coa tradición e veneración que lle deu o pobo quen considerou “obra de Deus” que Froilán fose quen de domesticar un lobo coa súa mirada. Non está igual de documentado cales foron os seus milagres, pero o que quedou claro é que todos eles fan parte do santoral agás unha: Santa Aragonta que por vivir repudiada do seu marido non foi incluÃda.
San Froilán
Ninguén dubida da orixe lucense deste santo, aÃnda que existen numerosas discrepancias en torno á “clase” da súa estirpe (hai historiadores que consideran probado que procede dunha familia de clase alta, mentres que outros aseguran o contrario). En todo caso, O rei Alfonso III concedeulle amplos poderes e cartos para fundar mosteiros. Un feito que lle permitirÃa gozar de grande popularidade, tanta que foi seguida por numerosos devotos. De feito, o culto a Froilán por parte do pobo comezou desde o mesmo momento da súa morte. E a Igrexa, con posterioridade, non fixo máis que aceptar aquel fervor popular e recoñecer que Froilán era santo porque as súas xentes, os seus diocesanos, asà o decidiron. De feito, non hai constancia de que a Santa Sé emitira decreto algún relacionado coa súa beatificación ou canonización, alomenos do xeito que actualmente se fai. A Igrexa de Roma limitouse a aprobar o culto que de antigo se lle daba.
Conta a tradición que San Froilán estivo unha mañá rezando nas súas oracións cando se lle apareceu un lobo famento que veu no asno do santo un apetitoso xantar. Abalanzándose sobre el, comezou a devoralo no momento no que o atopou o Santo, que coa súa mirada deixou ao lobo temeroso, mentres lle falaba de amor e de paz. Asà foi como San Froilán conseguiu quitarlle ao lobo o medo ao home e o lume, tomándoo ao seu servizo para levalo polo mundo as alforxas. Desde entón, o lobo camiñou sempre ao seu lado, arrimado á súa perna dereita, aÃnda o que teña de certo xa ninguén o sabe.
San Pedro de Mezonzo
Naceu en Curtis (930-1003) no seu dunha familia humilde. Serviu aos monxes benedictinos que o introduciron no cÃrculo relixioso. Foi capelán, abade e posteriormente bispo e da súa autorÃa é a coñecida oración mariana “a salve” que chegou ata os nosos tempos. De feito, o estudo e a oración foi unha das grandes virtudes polo que a Igrexa decidiu a súa canonización. Sobre el tamén pesa a lenda do monxe solitario, segundo relata López Ferreiro na súa historia sobre a Igrexa de Santiago, sendo o único relixioso que quedou facendo oración ao pé da tumba de Santiago na Catedral ante a entrada dos muslimes (agosto doa no 997) en Santiago.
San Rosendo
Sobriño do Bispo de Mondoñedo, Rosendo (907-977) foi cara esta parroquia a formarse nas ciencias eclesiásticas. AÃnda que hai outras versións da súa historia, din que tamén estudou en Caaveiro. Sucedeu aos eu tÃo en Mondoñedo, á fronte desta diocese iniciou unha campaña de recuperación de fieis e de bens. Noa no 934 sufriu unha revelación pola que fundou o misterio en Vilar, que acabarÃa sendo San Salvador de Celanova. Ordoño III nomeou virrei de Galicia.
San Paio
Nado na actual diócesis de Tui-Vigo en el año 911, probablemente en la parroquia de Albeos. San Paio soportou na súa persoa o duro peso da dominación musulmana, con gran tesón e fe que lle fixo merecedor da canonización. Trala batalla de Valdejunquera, en Cádiz (ano 920) tanto el como o seu tÃo, o bispo da diocese de Tui, foron apresados. O seu tÃo foi liberado co obxectivo de que conseguise unha grande suma de cartos. Mentres, na cadea, o califa sentiuse atraÃdo pola figura de Paio que tiña tan só catorce anos. As negativas do novo, refuxiado sempre no amor de Deus, foron motivo do seu posterior sacrificio polo que a Igrexa recoñeceu o seu martirio.
San Francisco Blanco
San Francisco (A Gudiña, 1570 - 1597) foi o “santiño que cansado de gardar cabras foi morrer mártir en Xapón” reza unha copla popular. Estudou nos xesuÃtas do seu pobo en Salamanca, desde onde marchou cara Filipinas. Chegou alá en 1593, pero antes pasou algún tempo en México, onde foi ordeado sacerdote. Foi coñecido como o último mártir de Xapón, mérito polo que a igrexa o canonizou.
En Outarelo (Ourense) consérvase o que se cre que é o seu cranio, aÃnda que ninguén sabe moi ben como chegou ata aquà desde Nagasaki. En todo caso, na súa romarÃa, todo o mundo pasa as rosquillas pola furna na que se conservan os seus restos para que lles conserve os doces todo o ano sen estragarse.
San José MarÃa DÃaz Sanjurjo
Natural de Suegos na diocese de Lugo, entrou, sendo novo, no seminario de Lugo e despois na Orde Dominicana. A súa vocación misioneira levouno a Manila e mais tarde a Indochina, onde foi consagrado bispo, como vicario apostólico de TonkÃn. Padeceu o martirio o 20 de xullo de 1857. Foi beatificado polo papa PÃo XII (1951), e declarado santo polo papa Xoán Paulo II.
As santas
Santa Trahamunda (siglo VIII) é unha das santas galegas máis coñecida. Monxa do convento de San Martiño, en San Xoan de Poio, foi apresada en tempos de Abderramán II e trasladada a Córdoba, onde foi martirizada. A lenda sostén que a monxa permaneceu en prisión once anos ata que foi liberada por un anxo e trasladada, sen saber moi ben como, a Poio.
Disque Santa Mariña (de Augas Santas) era unha pastora nacida na Limia que era pretendida por un mandatario romano ao que ela refugaba dada a súa secreta condición de cristiá. A descuberta das súas crenzas deu en que o amor do romano virase xenreira e en que a pobre Mariña sufrise toda caste de martirios: pinchárona con ferros, azoutárona e tentaron afogala, e disque ata o diabo apareceu para a tentar na forma de dragón. Claro que, como é mester nestas historias, a súa fe procuroulle a axuda de Deus e mais dos santos, e foi asà que non se queimou co lume no forno onde a quixeron queimar, e que o propio San Pedro a tirou daquel recinto. De calquera xeito, non abondou a fe para a salvar, e a rapariga foi finalmente decapitada. Esta lenda pódese encontrar en moitos lugares con diferentes formas e que se apón a distintas santas, normalmente Mariña, Margarida ou, mesmo en Inglaterra, Liberada. Pero é en Santa Mariña de Augas Santas onde esta historia deu un especial xogo, ao incorporar para a imaxinerÃa cristiá unha serie de elementos previos á evanxelización da zona.
Outra das santas galegas, Aragonta (século X), casou con Ordoño II, rei de León, que a repudiou. Tras isto, decide restaurar o mosteiro de Salceda, onde viviu retirada. Non figura no santoral.
Santa Seniorina (século X) é de familia relixiosa porque é curmá de San Rosendo a quen vÃa con certa frecuencia. De feito, nunha das visitas que San Rosendo lle facÃa con regularidade ao mosteiro de Vieira (Portugal) onde vivÃa, dous obreiros sufriron unha caÃda, quedando como mortos. Seniorina pediulle ó seu curmán que fixese algo por eles, e asà foi: despois dun longo tempo de oración, aplicoulles oleo bendito na boca, logrando que os dous se incorporasen e agradecesen o beneficio recibido. Cando San Rosendo morreu, Santa Seniorina tivo unha visión da súa entrada no ceo.
Os outros
AÃnda que estes seis son os santos que a Igrexa de Roma recoñece e estableceu no seu santoral, existen moitos outros nomes. Por exemplo, hai lendas que falan da orixe galega de San Mauro (aquà chamado San Amaro), aÃnda que máis curiosa é a historia de San Telmo. Foi bispo da diocese de Tui-Vigo aÃnda que non foi canonizado, pese a crenza popular de que xa é santo. De feito, esta diocese acaba de crear unha comisión co obxectivo de enviar documentación a Roma que permita a canonización de San Telmo (S. XIII). Entre os papeis que teñen compilado no dosier que acredita a súa condición de santo contan cun decreto do Papa Benedicto XIV sobre o culto e as súas virtudes heroicas.
Canda estes existen numerosos relixiosos que están pendentes da beatificación, paso previo á canonización. Entre os próximos nomes en unirse a listaxe de beatos do noso paÃs están trece membros da congregación relixiosa dos Salesianos de Don Juan Bosco que faleceron en diferentes cidades durante a Guerra Civil Española, ou o sacerdote galego Manuel Gómez que foi asasinado por sicarios de latifundistas en Brasil en 1924.
____
* A foto da reportaxe é unha montaxe propia a partir de "L’ABITO NON FA IL MONACO"
de Nicole kenney