Créase o Consello Asesor do Camiño de Santiago, un organismo previsto desde 1996

O comité camiñante

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
A súa existencia estaba xa prevista na Lei de Protección dos Camiños de Santiago de 1996. No entanto, foi onte cando apareceu publicado no DOG o decreto polo que se crea o Consello Asesor do Camiño de Santiago. Este novo organismo, adscrito á Dirección Xeral de Patrimonio, actuará de xeito autónomo e terá a responsabilidade de emitir diferentes informes e ditames sobre a protección da ruta. Canda a representantes de Patrimonio, o Consello da Cultura Galega e diferentes asociacións vencelladas ao Camiño forman parte da entidade.

Máis información en El Correo Gallego, no Diario Oficial de Galicia e na Lei de Protección dos Camiños de Santiago (en pdf)

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Camiño de Santiago, Asociacións, El Correo Gallego, Dirección Xeral de Patrimonio...