Aos seus sesenta e catro anos leva xa toda unha vida dedicada ao país. Nome fundamental do noso teatro, director da editorial Laiovento, Francisco Pillado Mayor recibirá esta mesma noite unha homenaxe na que abondarán persoeiros coñecidos do panorama cultural galego. Do acto sábese que se lle entregará un libro de fotografías e debuxos dos amigos e que se estrearán dúas pezas de música clásica.
Máis información no Vieiros e en Galicia Hoxe