O feche do Fanzine Enfermo, os proxectos de Enma Ríos en Francia e o novo web de Miguel Porto son as últimas novas desde Internet

Peneirando a rede

19/3/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
A coincidir coa súa candidatura a mellor fanzine no Saló de Barcelona, coñecemos a fin do "Fanzine Enfermo". Esta publicación, coordinada por Alberto Vázquez e o valencián Félix Díaz, contou nas súas páxinas cun bo número de autores galegos. Ao tempo, Emma Ríos dános a coñecer no seu blog algunhas mostras da "aventura entre xénero policial e terror fantástico-urbán" que está a mover por Francia cun guión de Julien Blondel. E, desde Madrid, Miguel Porto presenta un flamante web no que adianta, entre outras, historias que verán a luz en publicacións coma "Humo" ou "Dos Veces Breve".

Máis información en La Cárcel de Papel, no blog de Emma Ríos e no web de Porto

Que che parece esta nova?
57 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Miguel Porto, Francia, Emma Ríos, Internet...